lunes, 12 de enero de 2015

A pobreza e a desigualdade

Pois eu antes de ver isto non sabía que en Moaña podería haber moitísima xente na pobreza.
Tampouco sabia que era a RISGA que no meu punto de vista non serve case para nada porque se a pobreza esta ao redor dos 600 euros e na RISGA che dan 400 euros non da para vivir sabendo que so pode ter a RISGA un membro da familia.
En Galicia.
En Galicia 7 de cada 10 persoas din que teñen dificultades para chegar a fin de mes, eu penso que non deberían gastar tanto durante o mes e organizar o seu diñeiro para así poder chegar a fin de mes, por exemplo mercando cousas de comer que non son dunha marca específica ou cousas de beber caras, deberían aforrar o máximo posible.
Deberían facer algo para evitar as 600.000 persoas en riscos de pobreza so en Galicia, pero tamén deberían facer algo esas persoas que están en risco de pobreza para encontrar traballos, conseguir mais diñeiro ou aforrar o máximo posible así evitaríanse moitos problemas.
En España.
En España o 23% da poboación esta en risco de pobreza e dicir 13 millóns 90 mil persoas, que poderían evitarse moitos problemas da mesma forma.
En España se as 20 persoas mais ricas teñen tanto como 1 terzo da poboación que son 14 millóns de persoas, poderían pagar máis impostos para así arranxar aos poucos a pobreza en España, as persoas que teñen moito diñeiro será porque so mereceron dunha maneira ou doutra pero e inxusto que un traballador que cobra mil euros pague máis impostos que un que cobra 6 mil.
No mundo.

Se 1 de cada 5 persoas no mundo viven na pobreza algo mal se esta a facer, por que a desigualdade e enorme, non é o mesmo 1 de cada 5 nunha rexión pequena que en todo o planeta por que se en todo o planeta so hai 1 que non esta na pobreza de cada 5 é un problema moi gordo que se podería solucionar pois ven subíndolle os impostos aos mais ricos e baixándollos aos máis “pobres” así igualaríanse un pouco as diferenzas, pero a pesar de iso tamén habería que “actualizar” as poboacións máis atrasadas na tecnoloxía po que se non será un pouco difícil xa que estarían moi desigual na tecnoloxía respecto o resto do mundo. Se todo isto se fora arranxando estaría o mundo “igualado”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario